A nosa paisaxe está chea de elementos típicos cunha historia e un uso que temos que coñecer. É o caso dos hórreos, cruceiros e castros.
Hórreos de pedra ou madeira, elevados mediante pilares e adicados a gardar as colleitas.
Cruceiros, cruces situadas nos cruces dos camiños e que protexen aos viaxeiros e viaxeiras.
Castros, restos de antigos poboados nos que vivían os celtas fai moitos anos.