Turisteando cos Muid@s

OS FAROS

Un faro é unha torre cunha luz moi potente que guía aos mariñeiros e sinala a costa.

Un bo navegante pode seguir a súa ruta pola noite con observar a lúa e as estrelas.
Mais cando se levanta a néboa ou hai moitas nubes… xa non existe ningún punto de referencia. Un mínimo erro do rumbo podería lanzar o barco contra a costa.
Para evitar ese perigo, construíronse os faros. Nalgún deles vivía un fareiro ou fareira, encargado de acendelo e coidalo.