Desde hai moitos, pero moitos anos, persoas
de todo o mundo camiñan quilómetros e quilómetros ata chegar a Santiago de Compostela (Campo das Estrelas) para visitar a Catedral, onde está a tumba do Apóstolo Santiago.
Este percorrido, que comeza en diferentes lugares e que ten como meta Compostela, chámase CAMIÑO DE SANTIAGO e as persoas que o percorren, chámanse peregrinos ou peregrinas.